| Actividades Complementarias
e Extraescolares |
PISCINA:
Ofrece a posibilidade de que, dentro do horario escolar e acompañados
polo persoal do Centro, os nenos e nenas asistan a natación
na Piscina Municipal de Lavadores.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS: O Centro
participa de xeito contínuo nas actividades organizadas
por SPECIAL OLYMPICS GALICIA, deporte non competitivo para nenos
e nenas con necesidades educativas especiais.
Tamén participamos nas actividades que organiza FEGADEMPS,
deporte federado para minisválidos psíquicos, sempre
que se amolden ás concidións dos nosos alumnos.
ACTIVIDADES LÚDICAS: Dentro
do programa xeral anual establécese a celebración
de todas aquelas festas recollidas no calendario escolar, moi
importantes no desenrolo da personalidade dos nosos alumnos, aproveitando
tamén todas as oportunidades que se nos brindan de participar
en xornadas de convivencia con outros centros. |
 |
|