| Principios Básicos de Actuación |
O noso obxectivo é preparar
a tódolos alumnos de xeito que , dentro das súas
capacidades, poidan acadar o máximo grado de autonomía
e desenrolo persoal á vez que, aqueles que presentan unhas
condicións adecuadas, se preparan para unha posible
incorporación ó mundo laboral.
Respeto á pluralidade e ás características
de cada un, onde é máis importante aquilo que nos
une ó que nos diferencia.
Gran importancia da actividade e da experimentación como
un vehículo de desenrolo e superación persoal. Así,
xa dende o primeiro ciclo, xunto ás actividades escolares
propias da aula, teñen unha grande importancia os talleres,
pois estimulan a motricidade, creatividade, curiosidade... dos
nenos, permitíndolles un desenrolo que a escola ordinaria
estaría a frear.
Poñer ós alumnos en contacto có mundo no
que se deben integrar, propiciando a súa participación
en todo tipo de actividades que nos oferte a sociedade na que
estamos inmersos. Non esquezamos que aprendemos máis daquilo
que vivimos que do que nos contan. |
 |
|