PLAN XERAL DE ACTIVIDADES
O Centro dispón de Autonomía Pedagóxica-Organizativa para a organización das Actividades: Complementarias-Culturais-Deportivas-Pedagóxicas e Extra escolares. adaptando o programa ás características do Centro e do alumnado. |
| ACTIVIDADES COMÚNS E CONMEMORACIÓNS |
|
- Celebración do Magosto
- Actividades do Nadal:
- Concurso Tarxetas de Nadal.
- Act. Complementarias de nadal
- Xantar do Nadal
- Día da Paz
- Celebración do Antroido:
- Desfile
- Baile de Disfraces
- Xantar do Entroido
- Día da Árbore
- Concertos didácticos
- Actividades Culturais
- Semana das Letras Galegas
- Actividades Fin de Curso
- Outras
|
ACTIVIDADES PEDAGÓXICO-CULTURAIS
|
|
| O alumnado participa nas distintas actividades pedagóxico-culturais dentro ou fóra do Centro segundo as programacións de ciclo e aulas-talleres, tendo en conta as características e capacidades de cada un. Aténdense as actividades e convocatorias ofertadas ó longo do curso polos Concellos, Consellerías, Organismos, Gabinetes de Normalización Lingüística e Entidades, para que os alumnos poidan participar favorecendo así a integración, normalización e socialización co alumnado doutros centros. Particípase en: Concurso de debuxo-pintura, de murais; certames; programas educativos educación vial e educación ambiental;audicións musicais, charlas; obradoiros; mostras; exposicións, etc., ademais de todas aquelas que tanto a nivel interno como externo sexan adecuadas ó alumnado. |
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
|
|
Obxectivo :
Participación do maior número de alumnos, fomentando a normalización e a integración social. Organización de competicións de réxime interno en diversos deportes: baloncesto, fútbol-sala, atletismo, xogos deportivos, etc.
Participación nas competicións do Deporte Escolar cos clubs: "Prioriño" e "Carmen Polo", outros organismos locais, provinciais, autonómicos e nacionais.
Participación en competicións sempre que se consideren beneficiosas para os nosos alumnos, colaborando individualmente ou nos clubs. |
| ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES |
|
- Baile-Psicomotricidade-Teatro
- Gaita
- Coiro
- Manualidades
- Actividades Lúdico-deportivas
|
PROXECTO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL
O obxectivo primordial é a integración da metodoloxía ambiental no currículo educativo das ensinanzas regradas a tódolos niveis e a formación dunha conciencia social para a mellora e defensa do entorno. |
|
| ACTIVIDADE ACUATICA-PISCINA |
|
| PROXECTO VOZ NATURA |
|
 |
REVISTA ESCOLAR “O VIAXEIRO”
Nesta revista intentamos ofrecer un resumo das actividades pedagóxicas, culturais e e de ocio realizadas polos alumno/as durante o curso, converténdose así nun escaparate da nosa actividade educativa.
Xirando arredor dos temas transversais transmítense valores que favorecen a igualdade de dereitos, a igualdade de oportunidades, a responsabilidade social e a mellora da sociedade. |
|