ETAPAS EDUCATIVAS
De acordo coa normativa vixente e basándonos no noso P.E.C. a Organización pedagóxica inclúe tres etapas:
1.-Etapa madurativa ou Educación Infantil.
2.-Etapa de Educación Básica.
3.-Etapa de Transición á vida adulta.
ETAPA MADURATIVA EDUCACIÓN INFANTIL -Dos 3 ata os 12 anos.

SEGUNDO CICLO:
Agrupa ós alumnos entre idades de doce e vinteún anos. Están atendidos directamente por profesores/as de P.T. e contan tamén coas seguintes atencións: logopedia, educación física, fisioterapia e asistencia a pretalleres. Atende á poboación de alumnos/as con idades comprendidas entre os 12-21 anos, plurideficientes ou con graves trastornos de personalidade e de conduta.

TRANSICIÓN A VIDA ADULTA.
Abarca ós alumnos dende os vinteún anos en adiante, estes alumnos/as están atendidos por adxuntos de taller, especialistas en diversas profesións laborais. O centro conta con 13 adxuntos de taller e 4 educadores que fan funcións de terapeuta ocupacional.
Os talleres que temos son:
- Costura
- Manualidades-ocupacionais
- Xardinería
- Carpintería
- Cestería
- Pintura e cerámica
- Terapia ocupacional
- Encadernación
Entre outras atencións que reciben destacan:
- Fisioterapia.
- Asistencia psicolóxica.
- Traballo social.
- Educación Física.

SECCIÓN DE TERAPIA OCUPACIONAL E ASISTENCIAL
Escolariza a alumnos/as maiores de 21 anos de tipoloxía moi diversa con retrardos moi graves, con déficits sensoriais e motóricos , dependencia total do adulto e necesidade de axuda nos ámbitos da autonomía persoal. |