Portada
Situación
Obxectivo
Instalacións
Funcionamento
Actividades
Proxectos
Servizos
Galego Español  

O COMEDOR

É un servizo complementario de carácter educativo. A totalidade do alumnado transportado fai uso deste Servizo. Para a elaboración dos MENÚS tense en conta:

  • Proporcionar ó alumno unha dieta equilibrada.
  • A calibración dos menús.
  • A aplicación de dietas prescritas polos Servizos Médicos do Centro.
  • A elaboración de propostas de aportes nutrientes e enerxéticos dos alumnos en función das súas características.

Obxectivos específicos do Servizo de Comedor:

  • Desenvolve-los programas de participación do alumnado: Educación para a saúde, coeducación, adquisición de hábitos sociais e tempo libre.
  • Face-lo comedor "EDUCATIVO" procurando que coman coa maior autonomía posible segundo as súas limitacións e aprendan tódolos hábitos que poidan.
  • Adquiri-los hábitos de hixiene persoal antes e despois de xantar.
  • Adquiri-los hábitos dietéticos axeitados.
Fomenta-la colaboración do alumnado en razón do carácter educativo do Servizo de Comedor.
 
O TRANSPORTE

Tódolos alumnos son transportados nos diversos autobuses e taxis programados ó respecto

Cóntase có Servizo de Transporte Adaptado para traslado dun grupo de alumnos.

Os alumnos internos para os seus desprazamentos de fin de semana cóntase cunhas rutas semanais ou quincenais.

 

INTERNADO

Obxectivos:

  • Traballar sobre diferentes aspectos referentes á vida diaria.
  • Atender ás familias dos alumnos/as internos/as.
  • Atender ás familias nas súas problemáticas que presentan cara a estancia dos alumnos/as no Centro.
  • Programar e supervisar as diferentes actividades dentro e fora do Centro, diarias e de fin de semana.
  • Programacións das Rutas e saídas semanais dos alumnos/as ás súas casas coa colaboración dos profesionais correspondentes.

Actividades:
Céntranse en Actividades Semanais (en horario de 07.30-09.30 e 16.00-22.00) e Actividades de Fin de Semana (xornada completa).

  • Actividades Diarias:
    • Autonomía persoal do alumno e coidados básicos (alimentación, vestimenta, aseo persoal, desprazamento, etc. ), atendendo ás súas características individuais.
  • Actividades Semanais:
    • Talleres de: Manualidades, Coiro, Motricidade Grosa.
    • Actividades de: Baile, psicomotricidade, expresión corporal.
  • Actividades Deportivas.
  • Saídas esporádicas e programadas fora do Centro: Cine, Teatro, Exposicións, Partidos Fútbol e Baloncesto, etc.
  • Visitas a Centros de interese para os alumnos.
  • Sesións de cine no centro
  • Outras.... Aniversarios dos alumnos/as.
  • Actividades Fin de Semana:
    • Participación en excursións, marchas, audicións, visitas culturais, exposicións, zoos, etc.
    • Participación con pequenos grupos en saídas a pobos, festas tradicionais, Centros sociais de interese para os rapaces, actividades deportivas,etc.
Centro de Educación Especial CARMEN POLO (c) 2004,2008