Semana da ciencia marzo 2007.
Durante a semana da ciencia leváronse acabo as seguintes actividades :
[ ver cartel ]
Exposición.
Baixo o título "Historia da tecnoloxía, desde a pedra ata a Estación Espacial Internacional " , faise un percorrido polos avances da humanidade desde as primeiras ferramentas ata a exploración do espacio.
Os obxectos acompáñanse de información sobre a súa orixe.
Ligazóns:
Carteis.
Exposición de carteis sobre diversos ámbitos científicos.
Os materiais foron elaborados polos alumnos e alumnas do colexio, e foron agrupados en catro temáticas: A vida, A enerxía, as máquinas e o espacio.
Ligazón:
Experiencias no laboratorio.
No laboratorio leváronse a cabo actividades interactivas, distribuidas en catro mesas ( áreas de traballo).
Os alumnos e alumnas dividíanse en catro grupos e durante 10 minutos realizaban as experiencias que se indicaban nunha guía.
Mesa 1. Minerais e Rochas.
Mostra de diversos minerais e rochas. Información sobre as súas características.
Mesa 2. A enerxía.
Exemplos de formas de obtención de enerxía eléctrica: solar, eólica e química.
O circuito eléctrico.
Os imanes.
Aparellos eléctricos.
Mesa 3. Medidas.
Experimentación con diferentes formas de tomar medidas: lonxitude, superficie, peso, velocidade,temperatura, etc.
Experiencias propostas: pesar o aire e medir a resistencia dunha ponte.
Mesa 4. A Vida.
Observacións co microscopio e a lupa binocular.
Manipulación de modelos de órganos.
As características dos insectos.
Os sentidos.
Suxestión de metodoloxía de traballo:
Dividir a clase en catro grupos, cada un deles ocupa unha mesa durante 10 minutos, logo rotar.
Pode pedirse aos alumnos e alumnas que leven obxectos para medir-pesar, plantas para observar coa lupa binocular, etc
Ligazóns:
Charla sobre a enerxía eólica.
O venres 16 a partires das 12:15 no salón de actos.
En dúas quendas de 30 minutos:
Por Luisa Castro. Parque eólico da Capelada.
A quen damos unha vez máis as grazas por colaborar connosco nesta actividade.
Copyleft: CEIP "Manuel Fraga Iribarne" de Cariño A Coruña.