Xogo practicado polos escolares de Ghana, que debuxan o taboleiro no chan. Este mesmo taboleiro foi atopado en grandes bloques de pedra da muralla de Adriano, no Norte de Inglaterra, e data do século IV d.C.
Elementos do xogo.
Taboleiro como se indica na imaxe.
4 fichas por xogador, que poden ser pedriñas.
Xogadores: 2.
Obxectivos do xogo.
Colocar tres fichas en liña.
Regras de xogo.
As fichas vanse colocando alternativamente sobre o taboleiro e logo móvense cara unha casiña adxacente, seguindo as liñas. Gaña a partida quen consiga poñer tres fichas en liña.