*Sortéase quen fai o primeiro movemento e se move alternativamente cara un punto baleiro.
*Un movemento ordinario faise movendo unha ficha cara a casiña do lado en calquera dirección.
*Cando temos unha ficha do opoñente pegada a unha das nosas podemos capturala pasando por riba dela e ocupando a casiña seguinte, sacando do taboleiro a ficha capturada.
*Se despois de facer unha captura atopamos outra ficha a carón daquela coa que acabamos de de capturar, podemos seguir capturando do mesmo xeito, pero non estamos obrigados a facelo.
*O remate do xogo dáse cando son capturadas todas as pezas do opoñente ou cando este non pode mover ningunha peza.
É normal que moitas partidas que rematen en empate xa que cando quedan poucas pezas, e ambos opoñentes teñen o mesmo número, adóitase pactar táboas.
|