*As pezas se deben colocar como na ilustración para comezar o xogo estando os oficiais dentro da fortaleza.
*Cada oficial pode desprazarse en calquera dirección pero os soldados poden ir cara a fortaleza en liña recta ou en diagonal.
*Os oficiais están obrigados a capturar ós soldados, se teñen esa posibilidade, e se non o fan serán retirados do taboleiro.
*A forma de capturar é saltando por riba dun soldado cara unha casiña libre.
*Cando xa non quedan soldados suficientes para ocupar toda a fortaleza gañan os oficiais. No caso de que os oficiais non se podan mover, gañan os soldados e tamén o fan se ocupan toda a fortaleza.
|