AWITHLAKNANNAI
 
Á orixe deste xogo relacionase cos Indios Zuni de Norteamérica na zona que hoxe ocupa o estado de Novo México. Era esta unha cultura que cría nos deuses que vivían nas augas e o xogo fai referencia as pedras utilizadas para matar as “serpes” probablemente cun significado relixioso. O xogo era desenvolvido por nenos e adultos en taboleiros de diferentes tamaños.
Elementos do xogo.
Un taboleiro e vinte e catro pezas de dúas cores (neste caso brancas e negras).
O taboleiro está formado por oito rombos partidos pola metade, formando vinte e cinco puntos. Ao inicio da partida, os puntos ou interseccións están ocupados por vinte e catro fichas, doce brancas e doce negras, coa soa excepción do punto central que permanece baleiro.
Xogadores: Dous xogadores con doce fichas cada un.
Obxectivos do xogo.
Apoderarse das fichas do adversario mediante movementos sucesivos e por quenda, sendo o gañador o xogador que consegue apoderarse de todas ou a mayoría das fichas do opoñente.
Regras de xogo.
Os xogadores desprazan as fichas por quendas ata o punto adxacente baleiro do taboleiro podendo facelo de dous xeitos:
Ao longo dunha liña recta.
Saltando por enriba dunha ficha do adversario que teña un espacio adxacente baleiro. Neste caso a ficha do adversario e capturada.
Un xogador pode continuar saltando ata que non haxa máis fichas que poidan ser capturadas.
Cando un xogador non ten un espacio libre para mover perde o seu quenda.