| OS GATOS E O RATO |
 |
|
| |
|
Xogo de nome formado a súa vez por dous nomes de animais, que se caracterizan por ter unhas relacións un tanto difíciles. Loxicamente os gatos atacarán o rato. |
| Elementos do xogo. |
| Un taboleiro coma o utilizado para o xogo das damas e seis fichas, cinco negras que representan ao gato, e unha branca que será o rato. |
|
| Xogadores: 2. |
| Obxectivos do xogo. |
O obxectivo dos gatos consiste en inmovilizar ao rato, rodeándoo de tal xeito que non poda facer ningún movemento.
O obxectivo do rato es escapar entre os ocos que lle deixen os gatos no seu acoso. |
| Regras de xogo. |
Unha vez sorteado a quen lle toca o papel de gato e a quen o de rato, colócanse as fichas no taboleiro.
O rato moverá primeiro a súa ficha avanzando unha casiña cada vez, sempre en diagonal, pero pode retroceder hacia atrás.
Os gatos tamén se moven en diagonal, avanzando unha casiña cada vez, sin poder retroceder nos seus movementos.
En ámbolos dous casos os movementos só poderán facerse ocupando unha casiña libre.
Nin os gatos poden comer o rato nin o rato pode comer os gatos.
A partida remata cando os gatos logran acorralar ao rato, de xeito que este non poida facer ningún movemento. Neste caso gañan a partida os gatos.
Pero si o rato logra atravesar a disposición que vaian tomando os gatos, escabullíndose, gañará él a partida.
|
|
|
| |
|
|