| GO |
 |
|
|
Probablemente un dos xogos de taboleiro máis antigo do mundo. Díse que foi o primeiro Emperador de China, figura mitolóxica, quen inventou o xogo para mellorar o desenvolvemento mental do seu fillo.
Sendo orixinal de Asia central, foi en Xapón onde o xogo alcanzou todo o seu esplendor. Introducido en Xapón no século VIII, o Go estivo inicialmente confinado nos círculos da corte. Gradualmente difundiuse entre o clero Budista e Shintoista e entre os Samurais. Dende este comezo tan propicio, o Go arraigouse firmemente na sociedade xaponesa. Os xaponeses chámanlle Igo, nome que foi acortado a Go en occidente. |
| Elementos do xogo. |
Un taboleiro con 19 liñas verticais e 19 horizontais.
Fichas, chámanse habitualmente pedras, e son de vidro ou plástico. As mellores pedras xaponesas son de pizarra ou cuncha marina. Hai 361 pedras, 180 brancas e 181 negras. |
|
| Xogadores: |
| Obxectivos do xogo. |
| O xogo consiste en ir poñendo fichas nas interseccións para rodear e así capturar as fichas do contrario. |
| Regras de xogo. |
Unha vez colocadas as fichas non se poden mover se non son capturadas.
O taboleiro, inicialmente está baleiro, e comeza a poñer fichas o xogador negro.Ao fin do xogo, se hai empate gaña o branco porque o negro é o que empeza.
Cando unha ficha é capturada retírase do taboleiro, para ser contada ao final da partida como punto de triunfo do seu captor.
Cando ambos xogadores chegan ao acordo de que xa non existen territorios en disputa, e pasan dúas veces consecutivas cada un, remata a partida.
Se un xogador captura unha pedra nunha situación de ko (unha posición na que unha pedra pode ser capturada e recapturada indefinidamente) ao outro xogador non lle está permitido recapturar inmediatamente. Terá que facer algunha outra xogada antes de recapturar.
Para facilitar o xogo pódese utilizar un taboleiro máis reducido, de 9x9 liñas ou incluso de 7x7 con fins máis didácticos. |
|
|
| |
|
|