“Nunca son os homes máis inxeniosos que na invención dos xogos”
Leibniz (1646-1716).
Clasificación:
Estabrecer unha clasificación dos xogos de taboleiro atendendo ós obxectivos resulta case imposible ,xa que en moitas ocasións uns mesmo xogo podería incluirse en varias categorías.
Xogos de bloqueo: O obxectivo do xogo é impedir que o adversario poida efectuar algún movemento.
Xogos de captura: a finalidade é retirar pezas do opoñente, ata que éste perda tódalas fichas ou chegue a un número mínimo.
Xogos de posición: o obxectivo do xogo é acadar unha posición no taboleiro ou colocar as pezas nunha determinada disposición.
Xogos de carreira: esixen percorrer unha distancia antes que o opoñente.
Xogos de contar: os obxectivos do xogo poden ser diversos, pero obrigan a contar pezas ou posicións.
| Bloqueo |
Captura |
Posición |
Carreira |
Contar |
|
Mu torere
Pong hau-ki
Gatos e rato
Tablut
|
Loté
Alquerque
Surakarta
Fonorona
Solitario
Asalto
A raposa e os gansos
Alquerque 9
Awithlaknannai
Lau kati-kata
|
Achi
Seega
Go
Kono
Shisima
Pentalfa
|
Patolli
Real de Ur
Senet
Puluc
|
Nim
Nimbi
Wari
|
Criterios para a selección de xogos:
Xogabilidade: xogos con reglas sinxelas que permitan a práctica sen longo tempo de aprendizaxe. Descartamos xogos exclusivamente de azar que limitan a toma de decisións e razoamento dos participantes.
Presencia: xogos representativos de rexións e culturas diferentes. Trataremos de recompilar xogos procedentes de todo o mundo, tanto pola razón da súa orixe como pola importancia do xogo nunha zona. Hai que ter en conta que en moitas ocasións resulta imposible precisar a orixe dun xogo, a causa da súa antiguedade o ben porque son varias as rexións que reclaman a súa paternidade.
Facilidade de construcción: que poidan elaborarse con relativa facilidade polos alumnos e alumnas, e que os materiais necesarios para a construcción dos elementos do xogo sexan de fácil adquisición. |