KONO
Xogo de orixe coreano.
Elementos do xogo.
Un taboleiro como se amosa na imaxe.
7 fichas para cada xogador.
Xogadores:2
Obxectivos do xogo.
O obxectivo do xogo é colocar tódalas pezas no lugar que ocupan as pezas do adversario ao iniciar a partida.
Regras de xogo.
As fichas colócanse inicialmente como se amosa na imaxe.
Móvense as fichas en diagonal a unha posición adxacente baleira.
Non se fan capturas.
É importante controlar os movementos do outro xogador, bloqueando as súas fichas se é necesario para chegar ao noso obxectivo antes ca él.