LAU KATI-KATA
É un xogo que provén de Bengala, as súas normas son semellantes ás do alquerque.
Elementos do xogo.
Taboleiro como se amosa no gráfico..
6 fichas para cada xogador de distinta cor.
Xogadores:2
Obxectivos do xogo.
Obxectivo do xogo: capturar ou inmovilizar as fichas do xogador contrario.
Regras de xogo.
-Móvense as fichas como as damas actuais, cara a casiña adxacente, en calqueira dirección se non está ocupada.
-Captúrase unha ficha saltando sobre ela, se a casiña seguinte está baleira.
-Gaña quen elimine tódalas fichas do rival ou as inmovilice.