MU TORERE
 

Xogo practicado polos Maories da illa de Nova Zelanda.


Elementos do xogo.
Un taboleiro coma o da figura

Catro pezas dunha cor e catro de outra distinta.



Xogadores: 2.
Obxectivos do xogo.
Bloquear ao adversario, e dicir, que non poida mover as súas pezas.
Regras de xogo.

As pezas desprázanse entre as casiñas (chamadas kewai) contiguas, pero só está permitido ocupar a casiña central (chamada putahi) cando non hai outra casiña dispoñible. Tampouco está permitido saltar por enriba das fichas.
A saída efectúase cunha peza contigua as fichas do oponente.
Na figura, as pezas azuis gañan a partida.