NIMBI
 
Este xogo é unha variante feita polo poeta e inventor danés Piet Hein en base a un xogo moi antigo de orixe asiática chamado Nim que non era propiamente de taboleiro. Consistía en que dous xogadores tiñan que retirar alternativamente uns paos ou pedras podendo coller todas as da mesma ringleira que non tiveran un espacio entre elas e intentando ser o último en retirar algunha peza.
Pero o matemático Charles Leonard Bouton atopou a fórmula que aseguraba a victoria. A esto se debe a aparición de esta variante chamada Nimbi que non se pode resolver cunha fórmula matemática.
Elementos do xogo.
Taboleiro rectangular e tantas fichas como se desexe dispostas como se ve na imaxe do principio. O mesmo número en cada ringleira.

Xogadores: 2.
Obxectivos do xogo.
Consiste en ser o último en retirar unha ficha do taboleiro para así ser o gañador.
Regras de xogo.

Por quenda cada xogador/a toma o número de pezas consecutivas que desexe da mesma ringleira ou columna sempre e cando entre elas non teñamos ningún espacio.
É obrigado retirar algunha peza na quenda correspondente, non podendo polo tanto pasar sen coller.
Para gañar é necesario ser o último en retirar algunha peza.