| |
|
“Patolli” é un antigo xogo de taboleiro Azteca que toma o seu nome da palabra utilizada para designar as fabas nesta cultura.
Os aztecas rezaban ao deus Macuilxochitl para que lles axudara a gañar e probablemente o xogo tiña ademais un significado relixioso e de adiviñación. |
| Elementos do xogo. |
Un taboleiro en forma de aspa con catro divisións centrais e 52 casiña ( este número estaba baseado no calendario azteca que tiña un ciclo de 52 anos).
Coma dados usaban fabas marcadas cun punto branco por cada cara .
Como ficha utilizaban seis pedras de diferente cor para cada xogador. |
|
| Xogadores: Dous xogadores ou dous equipos. |
| Obxectivos do xogo. |
O obxectivo do xogo é colocar as fichas na meta antes que os contrarios ou gañar ao contrincante tódalas súas reservas de apostas.
A meta é a casiña anterior á central na que comezou o xogo despois de dar toda a volta ao taboleiro.
|
| Regras de xogo. |
O xogo comeza coa tirada dos dados sendo necesario obter polo menos un punto para introducir a ficha no taboleiro. Unha vez dentro avánzase no sentido das agullas do reloxo, segundo a puntuación obtida en cada tirada, para dar toda a volta ao taboleiro e colocar cada ficha na casiña central do taboleiro que lle corresponde. O número de puntos da tirada ten que coincidir co de casiñas que falten para chegar á meta. Si falta unha casiña para entrar e o xogador saca un punto , non pode introducir unha nova ficha no taboleiro, primeiro debe entrar a anterior na meta.
En cada xogada avánzanse tantas casiñas coma indica a puntuación agás si se sacan 5 puntos, entonces o valor é dobre.
Non pode haber dúas fichas na mesma casiña. Si unha ficha está nunha das casiñas centrais ou nas contiguas pode ser eliminada por unha contraria que cae no mesmo sitio.
Cando entra unha ficha na meta cóbrase unha aposta e realízase unha nova xogada. Si na xogada seguinte o contrincante saca os mesmos puntos que os que foron utilizados para entrar na meta, o xogador perde a ficha.
Si algunha ficha cea nunha casiña de debaixo dos triángulos negros, paga dúas apostas. Si cae na zona semicircular que hai ao final de cada brazo do taboleiro, xoga duas veces seguidas.
Si un xogador saca un número de puntos que non lle permite adiantar ningunha ficha, paga unha aposta e pasa a quenda ao xogador seguinte.
Si un xogador se queda sin fichas no taboleiro, perde a partida e paga unha aposta.
|
|
|
| |
|