PULUC
 
Xogo de taboleiro que ten a súa orixe na cultura Maia e que se fixo moi popular en todo Latinoamérica.
Elementos do xogo.
Un taboleiro de forma rectangular tal como se ve na figura.
Cinco fichas brancas e cinco negras.
Un volatín ou “dado” numerado do un ao cinco.
Xogadores: 2.
Obxectivos do xogo.
O obxectivo do xogo é capturar o maior número de pezas (fichas) do seu opoñente.
Regras de xogo.
O xogo comeza cun lanzamento de volatín por parte de cada xogador , e o que saque o número máis alto empeza a partida.
Os xogadores situados un fronte ao outro , van introducindo fichas e movéndoas sobre o taboleiro de acordo co número de cada tirada, non podendo situarse sobre unha casiña ocupada por unha das fichas propias.
Si a ficha propia atravesa un espacio ocupado por unha ficha inimiga atraparaa e vaina arrastrar en tódolos seus movementos.
Si unha ficha propia tropeza con outra tamén propia que está atrapada por unha ficha inimiga pódese capturar todo o bloque e arrastralo .
Si se alcanza o límite do taboleiro arrastrando unha ficha inimiga, ésta queda eliminada do xogo e a ficha propia volve ao inicio.
O xogo remata cando tódalas fichas do opoñente foron eliminadas.