A RAPOSA E OS GANSOS
 
A primeira referencia de este xogo de taboleiro remóntase á antigüidade e se da na Saga de Gretti da literatura islandesa, que data do ano 1300. Outros documentos da época proban a súa existencia en Italia e Inglaterra.
Elementos do xogo.
Xógase nun taboleiro en forma de cruz coma o do debuxo con trinta e tres posicións. As pezas son de dúas cores unha para a raposa e outra para os gansos.
Xogadores: 2.
Obxectivos do xogo.
O obxectivo da raposa é capturar un mínimo de doce gansos. Pola contra os gansos tratarán de inmobilizar á raposa. Así temos un xogo mixto de captura e de bloqueo.
Regras de xogo.
A partida dispútase entre dous xogadores/as. Un/a deles dispón dunha soa peza, a do raposo, o rival conta con dezasete pezas que corresponden ós gansos e que se dispoñen para principiar o xogo como se ve no debuxo.
*A raposa é a que move primeiro, e o pode facer en calquera dirección.
*Para comer un ganso ten que saltar por riba del cara un sitio baleiro, aínda que non está obrigada a comer sempre que lle sexa posible.
*O movemento dos gansos é mais limitado xa que só o poden facer cara adiante ou de lado pero nunca en diagonal ou cara atrás. Como non poden saltar por riba da raposa deben intentar acurralala para que non se poda mover.
O xogo orixinal só tiña trece gansos (como se ve nos debuxos do principio) pero estes non tiñan limitada a dirección dos seus movementos. Sen embargo alá polo século XVII o xogo foi modificado incrementando o número de gansos pero limitando os seus movementos.