REAL DE UR
 
É o xogo máis antigo que se coñece. Xa se xogaba en Mesopotamia no ano 2600 a.C. Non se coñecen as normas do xogo nesa época pero pódense deducir, polos descubrimentos arqueolóxicos, como se xogaba no s. II a. C. No British Museum consérvase unha táboa do ano 177 a.C.
Elementos do xogo.
É un xogo de carreiras que se xoga nun taboleiro formado por dúas pezas de 12 e 6 casiñas respectivamente unidas por unha ponte de 2 casiñas de longo. Cada xogador ten 7 peóns e 3 dados piramidais con 2 vértices vermellos e 2 brancos cada un.
Xogadores:2
Obxectivos do xogo.
Facer que cada peón faga o percorrido que lle corresponde a súa cor e saia do taboleiro.
Regras de xogo.
- En cada tirada dos dados obtéñense as seguintes puntuacións, según a cor do vértice superior:
. 3 vértices vermellos valen 5 puntos e vólvese a tirar.
. 3 vértices brancos valen 4 puntos e vólvese a tirar.
. 2 vértices brancos non puntúan e a quenda pasa ao opoñente.
. 1 vértice branco vale un punto e a quenda pasa ao opoñente.
. Unha ficha entra no taboleiro si se obtén unha tirada de 4 ou 5 puntos.
Adelántanse tantas casiñas coma puntos obtidos, polo percorrido según a cor como se mostra na imaxe.
Cada casiña soamente pode ser ocupada por un peón agas as casiñas marcadas e a última que son casa e non teñen esta limitación. Se un peón cae nunha casiña ocupada por un adversario, ten que retirala do taboleiro e empezar de novo.
As fichas situadas na última casiña poden sair do taboleiro nunha tirada de 4 ou 5 puntos.
Gaña quen saca tódolos peóns do taboleiro despóis de realizar todo o percorrido sin ser capturado.