SEEGA
 
Xogo de orixe exipcio, moi popular tamén en Somalia. Foi coñecido polo nome de “O xogo do pobre”, porque moitas veces o taboleiro era sustituído por un debuxo feito co dedo na area.E unha variante do 3 en raia. Existen diversas variantes que se diferencian no número de casiñas e os seus correspondentes peóns. Aínda que é fácil de xogar permite facer investigacións sobre a estratexia a seguir.
Elementos do xogo.
Taboleiro de 5x5 casiñas, de 22 x 22 e de coiro.
12 fichas negras e 12 vermellas.

Xogadores: 2.
Obxectivos do xogo.
Aliñar 5 en raia ou na variante, capturar tódalas fichas enemigas.
Regras de xogo.


- O primeiro xogador coloca dúas fichas en calqueira posición. O segundo xogador coloca as súas nunha posición simétrica ás anteriores.
- A continuación van poñendo fichas alternativamente en grupos de dous, intentando conseguir 5 en raia e deixando a casiña central libre.
- Se se enche o taboleiro e non se conseguiron liñas, cada xogador cambea unha ficha do contrincante por unha das súas. Se con este movemento non consegue aliñar 5, a posición queda baleira.
A partida pode rematar en empate.

Variante:
Por quendas cada xogador coloca dúas fichas deixando a casiña central libre. O que coloca as dúas últimas fichas no taboleiro comeza a partida.
Unha ficha pode desprazarse a casiña contigua sempre que esté libre, e non pode moverse en diagonal, para capturar unha ficha enemiga hai que moverse de forma que esta quede entre dúas fichas propias. No caso de conseguir unha captura vólvese a tirar, e unha ficha no centro do taboleiro non pode ser capturada.
Se tódalas fichas quedan bloqueadas o rival volve xogar de forma que lle deixe unha abertura.
Gaña quen consiga capturar tódalas pezas.