SENET
 
Xogo moi popular no antigo Exipto, do que se atoparon gran cantidade de taboleiros en tumbas, por exemplo na tumba de Tutankhamón había catro Senet, posiblemente destinados a entreter ao faraón na eternidade. Tamén aparecen representacións artísticas deste xogo en pinturas.

Non está claro que a interpretación actual das regras do Senet coincida coa forma de xogar no antigo exipcio, xa que nunca se atoparon regras escritas.

Elementos do xogo.
Un taboleiro de 30 casiñas distribuidas en tres filas de dez.
Cinco fichas para cada xogador, ainda que pode xogarse con 7 ou 10.
Catro paus hemisféricos pintados cunha marca nun lado.

Xogadores: Dous, ainda que tamén era practicado coma un solitario..
Obxectivos do xogo.
Sacar tódolas pezas do taboleiro antes que o adversario
Regras de xogo.

Situar os peóns sobre a primeira liña, alternando cos do oponente.

Para avanzar lánzanse os palillos e contase do seguinte modo:
Un lado plano=1 punto.
Dous lados planos=2 puntos.
Tres lados planos=3 puntos.
Catro lados planos=4 puntos.
Catro lados marcados=6 puntos.
Os xogadores lanzan alternativamente os paus ata que un deles obtén un lado plano, entón correspondelle iniciar o xogo coas pezas negras e avanza unha casiña. Volve tirar e avanza de novo unha peza, se a cifra é 1,4 ou 6 repite a tirada, pero con 2 e 3 avanza os peóns e pasa a quenda ao adversario.
Se unha peza cae sobre unha casiña ocupada por unha ficha do oponente, ésta retrocede ata o lugar deixado vacante pola peza atacante.
Dúas fichas da mesma cor non poden ocupar a mesma casiña, pero se están contiguas protéxense e non poden ser capturadas, tres pezas contíguas forman un muro que non permite o paso das fichas contrarias.
Cada tirada que non permita avanzar, obriga a retroceder, pero neste caso non se capturan pezas do adversario.
Nas casiñas 26,28,29e 30 as pezas están protexidas e non poden ser atacadas.
Unha vez que todolos pións da mesma cor está na última liña, pódense empezar a retirar do taboleiro, se alcanzan a puntuación para facelo.
Cadros especiais:

A Casa do Renacimento (16): aquí comezan os peóns que caeron na Casa da Auga (27)
A Casa da Ledicia(26): Todolos peóns deben pararse nesta casiña.
A Casa da Auga(27): A peza que cae nesta casiña retorna a Casa do Renacemento(16).
A Casa das Tres Verdades(28): O peón que cae aquí so pode sair do taboleiro se saca un tres.
A Casa de Re-Atoum(29): A ficha só pode saír do taboleiro se saca un dous.