TABLUT
 
Xogo de taboleiro con orixe en Laponia descrito polo botánico sueco Lineo no século XVIII baseado noutro mais antigo de orixe escandinavo chamado Hnefatafl. Hai dous bandos con posición e número desigual. Os chamados moscovitas e os suecos, que teñen un rei no centro do taboleiro con características especiais.
Hai regulamentos diferentes xa que ao tratarse dun xogo histórico non está ben documentado.
Elementos do xogo.
Taboleiro de nove por nove como se ve no gráfico.
Nove fichas claras que corresponden ós suecos unha delas o rei que se coloca no centro do taboleiro e dezaseis fichas escuras pertencentes ós moscovitas e que se poñen na parte exterior do taboleiro.
Xogadores: 2.
Obxectivos do xogo.
Os moscovitas intentan capturar ao rei sueco ou polo menos impedir que chegue a un recuncho do taboleiro. Pola súa banda os suecos deben facer que o seu rei chegue a unha das catro esquinas.
Regras de xogo.

*Primeiro moven os suecos e calquera ficha move co mesmo movemento que ten a torre no xadrez.
*Os soldados poden pasar pola casiña central, trono do rei, sempre que este esté baleiro pero nunca a poden ocupar; só o rei pode estar nela.
*Calquera dos dous bandos pode capturar un soldado do contrario sendo neste caso retirado do taboleiro. Para capturalo deberá quedar entre dúas das nosas fichas, pero a raíz dun movemento noso, xa que si esta situación se da por que o contrario ocupa esta posición non poderá ser capturado.
*A captura pode ser múltiple si as fichas cercadas son varias seguidas.
*Tamén se pode capturar contra unha banda do taboleiro.
*O rei será capturado por catro costados ou por tres si se fai contra unha banda. Neste caso gañan os moscovitas.