MANCALA - WARI
 
o wari é o xadrez de África. Pertence á familia do manqala, xogo practicado dende hai milenios, nas súas distintas variantes, pola xente de África e Oriente Medio. A variante que adoita chamarse “wari”, “ourri”, “oware”, “awele”, ou similares xógase na Costa de Marfil e no Caribe, lugar ao que foi levada polos escravos negros.
Elementos do xogo.
48 pedriñas, sementes, paliños…
12 buratos (aínda que por comodidade soen ser 14) que poden facerse no chan, nun taboleiro, nun bloque de arxila, etc… dispostos en dúas filas de 6.

Xogadores: 2.
Obxectivos do xogo.
O obxectivo do xogo é facernos con máis pedras que o contrario. Posto que hai 48 ao empezar o xogo, con capturar 25 teremos gañado a maioría, e polo tanto, a partida.
Regras de xogo.

Iníciase a partida colocando 4 sementes en cada burato. Cada xogador xogará cos 6 buratos do seu lado.
Os buratos que están a cada extremo do taboleiro chámanse casas. O que está a nosa dereita é a nosa casa. Serven para ir deixando neles as sementes que capturamos durante a partida.
Collemos tódalas sementes dun dos nosos buratos e depositámolas unha a unha nos seguintes buratos, no sentido contrario ao das agullas do reloxo.
O burato do que partimos debe quedar sempre baleiro, e se damos unha volta completa sáltase ao burato seguinte.
Se o depositar a última semente dun movemento faise nun burato inemigo, e este contén (contando a semente que acabamos de depositar) dúas ou tres sementes, estas son capturadas. Sacarémolas e deixarémolas na nosa casa.
Faremo-lo mesmo un por un cos buratos anteriores ao último, sempre que conteñan dúas ou tres sementes e pertenzan ao inimigo, ata que cheguemos a un que non cumpra algunhas destas condicións( do que non colleremos sementes).
Se un xogador queda sen sementes, o rival está obrigado a realizar na sua quenda un movemento que introduza sementes no lado do xogador que quedou sen elas, se esto non é posible, termina a partida e as sementes do xogador súmanse as que xa tiña na súa casa.
A partida remata cando un xogador faise con 25 sementes, xa que é a maioría, ou no caso anteriormente citado.
Cando a partida esté finalizando e queden poucas sementes prodúcese unha situación que se repite cíclicamente, sen que os xogadores poidan evitalo. Neste caso, a partida considérase finalizada e cada xogador engadirá as sementes capturadas as que estén no seu lado do taboleiro.
Se logran 24 sementes cada un, hai empate.

Cando non hai buratos nos extremos que fan a función de casas onde se acumulan as sementes capturadas, as sementes gañadas apártanse.