| YOTÉ |
 |
|
| |
|
Xogo moi practicado en África Occidental semellante ás damas europeas pero coa diferencia básica que non se necesita un taboleiro específico (aínda que existen) para o seu desenvolvemento sendo suficiente cinco ringleiras de seis buratos cada unha, excavados no chan, utilizando coma fichas pedriñas pequenas ou carabullos. |
| Elementos do xogo. |
O taboleiro está composto por un “cuadrilátero” de seis por cinco casiñas.
Cada xogador disporá de doce fichas ou peóns (de dúas cores). |
|
| Xogadores: 2. |
| Obxectivos do xogo. |
| O obxectivo do xogo consiste en eliminar as fichas do outro xogador (adversario). |
| Regras de xogo. |
Ao principio do xogo o taboleiro está baleiro e cada xogador dispón de doce fichas. Tírase un dado ao aire para ver quen comeza a partida.
En cada quenda cada xogador pode colocar unha ficha sobre unha casiña libre ou desprazar unha das súas fichas a unha casiña baleira, horizontal ou vertical, nunca en diagonal e sempre cara diante.
Un xogador non ten por que colocar tódalas súas pezas no taboleiro antes de comezar a mover as que xa ten postas. Pode conservar algunhas no seu poder se o cre convinte, ata que o xogo esté máis avanzado.
Todo xogador pode capturar unha peza do seu adveraio saltando por enriba dela. Nunha mesma tirada é posible capturar máis dunha peza, se a ficha que salta dispón dun burato baleiro entre ambas.
As fichas capturadas retiránse do taboleiro.
Cando se fai un movemento de captura pódese retroceder ou desprazarse hacía un costado, pero sempre en liña recta. O xogador que logra capturar unha peza do seu adversario consegue unha tirada adicional.
O xogo pode rematar en táboas si ámbolos dous xogadores dispoñen en igual número de tres ou menos pezas no taboleiro.
|
|
|
| |
|
|