O día 16 de novembro de 2007 celebramos unha festa de magosto con xogos tradicionais , desde as 11:30 ata as 13:00 os xogos e despois comemos as castañas.
Debido ao tempo dispoñible tivemos que modificar a planificación inicial, xa que nun principio pensabamos ofrecer aos nenos e nenas 12 xogos, pero finalmente decidimos que a mellor opción era distribuir aos alumnos e alumnas en tres grupos segundo os niveis: infantil, 1º-2º-3º e 4º-5º-6º. Para cada grupo seleccionamos zonas de xogo diferente, aínda que coincidiran no tipo de xogo.
Algúns dos xogos foron adaptados ás idades dos participantes, en especial "a chave" , da que construimos dous modelos en madeira ( ademáis das que tíñamos de ferro), e os bolos.
En canto ás zonas de xogo, estaban espalladas polo patio, e non respondían a máis criterio que as condicións da superficie, é dicir, non se separaron por tipos de xogo nin por grupos de participantes, senon tendo en conta a facilidade para practicar os xogos: "chaves" en terra , brilé na pista, "A cadea" na herba , etc. Deste xeito aínda que os nenos e nenas só fixeran os xogos do seu grupo, podían ver aos outros compañeiros e compartir zonas.
Cada 15 minutos os nenos e nenas, acompañados dun mestre, cambiaban de xogo segundo a orde que figuraba na documentación que se facilitou.
As labores de preparación consistiron en:
Material construido:
Chave de madeira: debido ao peso dos pellos das chaves de ferro, decidimos
fabricar dúas chaves de madeira.
Bolos: utilizamos bolos de madeira. Mercamos as madeiras nunha tenda de bricolaxe e pedimos que as cortaran a 20 cm.
Buxainas: tamén construimos algunhas buxainas de madeira.