Xogos Tradicionais

O día era moi fermoso, despois dunha semana de choiva, lucía o Sol.

Xogo con cordas, había cordas pequenas para cada neno e nena, e máis grandes para xogar en grupos.

Tamén había espazo para a tradicional "chave", pero os pellos eran moi pesados.....

....así que tivemos que fabricar unha "chave" de madeira para os máis pequenos.

Xogo do pano: dous equipos en busca do pano....... Un xogo de persecución.

Outro xogo de persecución: "A cadea".


Lanzamento de aros. Un dos xogos máis divertidos: o brilé.

Intentamos "bailar" as buxainas, non todos eramos capaces de facelo.

No chan tíñamos debuxados circuitos de carreiras. e tamén a "mariola".

Había que tirar con moita forza aos bolos para lanzalos lonxe.

Outro xogo de lanzamento, había que derrubar os botes.

Xogamos con trompos de moitas clases, e ata algúns feitos no colexio.

Un xogo de corro, "O pano por detrás" mariolas para os nenos e nenas de Infantil.


Colexio de Cariņo Novembro 2007