Xogos Tradicionais

Día 16 de novembro de 2007.

O obxectivo desta actividade é fundamentalmente lúdica, primar a diversión por enriba do enfrontamento e a competición. Por elo é aconsellable que non se formen equipos permanentes e que se mixturen nenos e nenas.

Se o mestre/a o considera convinte pode intervir para falar da súa experiencia ou para establecer regras, e por suposto para …xogar.

Ao longo do patio están sinaladas diferentes zonas de xogo, algunhas están ristrinxidas para determinadas idades en función das características do xogo, en especial os materiais que se usan.

Algúns xogos teñen un profesor/a que fai as funcións de monitor para explicar ou colaborar no desenvolvemento, por motivos de seguridade ou porque as regras son máis estrictas. Nalgunhas zonas os nenos e nenas terán maior liberdade para experimentar e xogar sen normas, caso das buxainas, comba, cadea, persecución….

Debido ao tempo dispoñible os alumnos e alumnas participarán en seis xogos, permanecendo en cada un deles 15 minutos. Os traslados deben ser tranquilos e ordeados para non entrar en conficto con outros grupos.

Unha sinal indicará cuando os grupos deben cambiar de xogo.

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL
Tirar o bote.
Buxainas
Bolos
Xogo de persecución
Mariola.
O pano por detrás.


PRIMARIA 1º,2º e 3º
Chave de madeira
Mariola
Carreiras
Lanzamento
Buxainas do mundo
Pano

PRIMARIA 4º,5º e 6º
Chave
Bolos
Brilé
A Cadea
Cordas-comba
Buxainas

 

Colexio de Cariño Novembro 2007