| 
 
 
 | 
 
 
 
 CARREIRA POPULAR DE FERREIRÚA. MAIO 2007 
 O domingo 13 de Maio se celebrou na aldea de Ferreirúa unha nova edición da súa carreira popular, unha proba atlética que conta cunha gran tradición na zona, e que supón un dos acontecementos deportivos máis importantes de toda a comarca de Lemos. A esta proba acuden os mellores atletas da comunidade e fora dela, e supón un espaldarazo moi importante da difusión do deporte base, a cal, por suposto, dende o colexio a Gándara non desestimamos a participación nesta cita tan sinalada, e alí estivo a maior delegación presentada polo colexio dos últimos anos, case uns 60 nenos dispostos a disfrutar na compaña de seus pais desta xornada lúdico-atlética. 
 Foi unha xornada que estivo marcada pola ampla participación, e na cal os nenos do colexio tiveron unha destacada actuación, demostrando que o traballo de todos eles está a dar o seu froito, independentemente do nivel de cada un, xa que todos se superan a si mesmos carreira a carreira e proba a proba. 
 Na categoría de 0 a 4 ANOS masculino, Ramón González acadou a segunda posición, mentres que Víctor Álvarez logrou a terceira posición, logrando ambos subir o podio nesta categoría. 
 Na categoría de 5 a 6 ANOS feminina, a representante do colexio Laura Carneiro logrou unha brillante terceira posición. 
 Tamén logrou unha estupenda terceira posición Saleta Fernández na categoría de 7 a 9 ANOS feminino. 
 Na categoría de 10 a 12 ANOS feminino, Cintia Carneiro logrou a quinta posición, na mentras que na mesma categoría masculino, Diego Vázquez añadíu unha nova muesca na súa carreira deportiva entrando na segunda posición. 
 Todos estes nenos son a punta do iceberg duns resultados magníficos no computo xeral da clasificación, pero tamén dicir, que por encima de todos estes resultados está a importancia que os propios nenos lle dan a esta disciplina deportiva e a mellora que poden conseguir co seu máximo rival, é dicir, consigo mesmo. Na seguinte imaxe pódense ver parte dos participantes e algunhas medallas obtidas na Carreira: 
 
 | 
| CEIP "A GÁNDARA" |