| 
 
 
 | 
 
 
      
 
 
 PROGRAMA DE ACTOSMércores 19CROSS DO MAGOSTO con MANUEL MARTÍNEZ 11:00 h:Visita do atleta olímpico campeón mundial Manuel Martínez a todas as clases 11:30 h: Cross para Infantil 4 e 5 anos e 1º ciclo. 12:30 h: Charla para 2º e 3º ciclo 15:10 h: Cross para 2º e 3º ciclo e entrega de trofeos 
 Xoves 20VISITA DOS REIS MAGOS Lugar: Todas as clases Hora: Pola mañá VISITA DE PAPÁ NOEL Lugar: Todas as clases Hora: Pola tarde 9ª MOSTRA DE PANXOLIÑAS PARA CENTROS DE ENSINO.Actúa o coro do colexio. Lugar: Edificio Multiusos Hora: 18:00 h 
 Venres 21FESTIVAL DE NADAL na casa da cultura ( ver programa na próxima páxina ). XANTAR DE NADAL Lugar: Comedor do colexio Hora: Ás 13h aproximadamente 
 EXPOSICIÓN DE POSTAIS , BELÉN E ÁRBORE TODA A SEMANA 
 Recoméndase: · A visita á exposición:“ Vivindo con volcáns ”, ata o 21 na Casa da Cultura. · Participar nas actividades infantís que para as vacacións están organizadas polo concello. 
 NOTAS: Pais, nais , amigos, exalumnos/as e familiares están invitados especialmente ao cross e ao festival. Á Casa da Cultura iremos e voltaremos en autobús. O alumnado que normalmente non come no comedor está invitado. O día 21 non é preciso traer mochilas nen carpetas. 
 PROGRAMA DE FESTIVALVenres 21 na Casa da Cultura ás 10:30 h. 
 
 Presentación a cargo de 6º. SAÍDA DO CENTRO: A partir das 14:30 h (despois de xantar). COMEZO DAS CLASES: 8 de xaneiro de 2008. 
 
 
 OS MEUS DESEXOS DE NADAL 
 Eu, polo Nadal, quero que os nenos estean felices, que nunca choren, e que non estean tristes. 
 Que o pasen ben, e que seus pais lles dean regalos 
 e que crean nos Reis Magos. 
 Que estean alegres, que o pasen ben, que todos bailen e que crean en Papa Noel. 
 Eu polo Nadal desexo felicidade; ese é o meu desexo, para os nenos de tódalas idades. 
 Ana Javier Ortega (6º A) 
 OS MEUS DESEXOS 
 O Nadal xa se achega 
 levamos un ano esperando que veñan os Reis Magos pois o que máis nos gusta é ter moitísimos regalos. Pero este ano imos ser xuizosos 
 porque hai moitos nenos no mundo que non coñecen os agasallos. Nós temos turrón e pavo noutros lugares da terra a pobreza fai estragos non hai auga, pan, nin pasas, nin xoguetes, nin alumeados 
 un ano tras outro ano. Este ano pensaremos nos demais, pediremos para todos paz, para que esta vez o Nadal nos faga a todos en algo iguais. Antía Fernández Marcos (5º) 
 
 ¡¡Ai María chegando está o Nadal!! Tódolos nenos contentos xa están, 
 ¡¡Ai María que días de alegría!! Cantas compras e cantas comidas. 
 
 ¡¡Ai María tódolos anos igual!! sempre mercando e gastando sen parar 
 ¡Ai María que bonito sería que toda a xente disfrutara destes días! 
 ¡¡Ai María bo Nadal!! para todo o mundo por igual. 
 Isaura Pereira Guerra (6º B) 
 
 
 
 
 
 
 | 
| CEIP "A GÁNDARA" |