| 
 
 
 
 |   O  C.E.I.P.
“ A GÁNDARA” é un colexio público, dependente da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria que imparte a Educación Infantil e a
Educación Primaria, e - Pretendemos que o noso centro
sexa aberto. Fomentamos a relación dos nosos alumnos co seu entorno, natural e
social. - Manifestamos a nosa disposición
a aceptar cantas colaboracións nos poidan ser ofertadas, que redundan na
mellora da educación dos nosos alumnos. - Potenciamos o uso do galego
dentro da comunidade escolar, desde a educación infantil ata o remate da E.P. OBXECTIVOS   Podemos
definir como obxectivos educativos xerais: ·      
Lograr
o pleno desenvolvemento da personalidade do alumn@.  ·      
Conquerir
a formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio
da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia.
 ·      
Adquisición
de hábitos de traballo e técnicas, así como coñecementos científicos, técnicos,
humanísticos, históricos e estéticos.  ·      
Acadar
a formación de hábitos no respecto á pluralidade lingüística e cultural de
España e utilizar o galego coa a nosa lingua.  ·      
Potenciar
o uso das novas tecnoloxías e as súas aplicacións.  ·      
Preparación
para participar activamente na vida social e cultural.  Son outros obxectivos a destacar: ·      
Potenciar
a organización e utilización dos recursos do centro e do seu entorno.
 ·      
Potenciar
os sistemas e medios de información entre os sectores da comunidade educativa.
 ·      
Potenciar
a participación dos profesor@s, alumn@s e nais e pais na actividade escolar.  ·      
Desenvolver
as actitudes básicas de convivencia, intentando lograr maior colaboración
entre o alumnado, profesor, alumn@-profesor, aumentando así o grao de camaradería
e compañeirismo.  ·      
Promover
e favorecer a reciclaxe e o perfeccionamento do profesorado do colexio.
 ·      
Facer
esforzos para acadar a normalización da lingua galega na comunidade educativa
en xeral.
 ·      
É
necesario insistir e profundizar, ademais, en actividades de afianzamento, como
poden ser: ·      
Fomento
da lectura e do uso da biblioteca (aula e centro).  ·      
Respecto
ás instalacións, mobiliario e equipamento do centro.  ·      
Potenciación
do uso do das intalacións e dos medios audiovisuais.  ·      
Potenciación
do uso das novas tecnoloxías e das súas aplicacións pedagóxicas.
   ·      
Cumprimento
exquisito das  Normas de Convivencia.  PROXECTO Anticipación
da primeira lingua estranxeira:  O centro educativo intenta potenciar ao máximo as
capacidades dos seus alumnos. Así como estimular ao neno e maila nena para que
se desenvolvan física e mentalmente e que aprendan correctamente as dúas nosas
linguas (galega e castelá), tamén debemos preparalos para que aprendan unha
primeira lingua estranxeira de maneira correcta o máis pronto como sexa
posible.  A aprendizaxe temperá do inglés, idioma que se anticipa
neste Centro, no segundo ciclo de educación infantil e no primeiro ciclo de
educación primaria dende hai varios cursos asegura a correcta iniciación dos
nenos na aprendizaxe dun idioma estranxeiro. Estas dúas etapas son óptimas
para a asimilación dun amplo vocabulario e dos aspectos fonéticos dos idiomas.
 Se ademais consideramos que estamos inmersos nun proceso de
integración nun contexto europeo plurilingüe e multicultural e que o contacto
con outras culturas a través da lingua favorece a comprensión doutras formas
de pensar e actuar, que propician o desenvolvemento dos nenos e nenas de
actitudes de pluralismo e tolerancia, queda plenamente xustificada a elaboración,
aprobación e presentación do Proxecto.  Finalmente dicir que a Anticipación da Primera Lingua Estranxeira se inscribe
dentro dunha liña de innovación educativa do noso Centro, segundo os criterios
preconizados polo actual sistema educativo, tendo como obxectivo fundamental e
global a consecución dun maior nivel de
competencia na aprendizaxe e comunicación da lingua inglesa para o
que se considera necesario a impartición do inglés no segundo ciclo de Educación
Infantil (dende 3 anos) e no primeiro ciclo de Educación Primaria(1º e 2º).      Durante o curso escolar levase a cabo un considerable número de actividades promovidas polo Equipo de Normalización Lingüística coa finalidade de comprometer ao persoal do centro para conseguir a través de todos unha autoestima e uso normal da nosa lingua. Ampliamos todo tipo de traballos cara á consecución de fomentar na comunidade escolar en xeral non só o aspecto lingüístico, senón tamén a profundización da nosa riqueza tradicional, nos costumes, na historia, na arte, na cultura, ... e en todo aquilo que poida estar relacionado coa nosa identidade como país. Destacamos como celebracións especiais: ·      
A
festa do Magosto.  ·      
A
festa do Nadal.  ·      
A
Festa do Entroido.  ·      
A
Semana das Letras Galegas “Exprésome en Galego”
 ·      
A
Festa dos Maios.  ·      
Galego
entre Nós.  ·      
Certame
de conta contos, etc. ·      
Concurso:
“Tiralle da Lengua” Experiencias
Normalizadoras:  Unidades
didácticas.  - A música
en galego.  -
Galeguización dos nomes.  -
Concursos e exposicións.  -
Materias transversais impartidas en lingua galega.  -
Normalización lingüística na educación infantil.  -
Encontros de Normalización Lingüística.     No CEIP “A Gándara”
iniciase dende o 2º ciclo de educación infantil, dunha forma sinxela, a
normalizar o uso da nosa lingua cunha metodoloxía axeitada e asequible por
parte do profesorado. Cabe destacar o labor que se ven facendo neste ciclo para
ir alcanzando obxectivos positivos e fomentando un gusto e un respecto pola
lingua nos nenos e nenas desde os primeiros días que chegan á escola.    | 
| CEIP "A GÁNDARA" |