ANXO FARIÑA NO NOSO COLEXIO
(mirar fotografías)
Co gallo do Día
das Letras Galegas estivo con
nós toda a maña
Anxo Fariña. Nas
primeiras horas fixo as delicias
dos nenos e nenas de Infantil.
Logo subíu á Biblioteca do
centro e contou e debuxo para os
de primeiro e segundo ciclo.
Rematou a xornada cos de
terceiro ciclo falandolles de
como pensa, como escribe e como
ilustra os seus libros.
De verdade que vale a pena
escoitalo e velo debuxar.
Quedamos encantados! E non é un
cumplido senón que é verdade!
Grazas Anxo! Firmou moitos
libros que habíamos lido e que
agora están nos andeis das nosas
casas.
O alumnado do centro
estivo traballando, desde fai tres meses, nas seguintes obras
escritas
e ilustradas por Anxo Fariña:
Educación infantil:
Libros da colección de
ANTÓN E POMPÓN.
1º de E. Primaria: Libros da colección de
OS PELEXIÑOS.
2º de E. Primaria: Libros da colección de
DON QUIXOTE E BREOGÁN: DRAGÓN VOADOR
2º de E. Primaria: Libros da colección de
DON QUIXOTE E BREOGÁN:
NA AVENTURA DOS MUÍÑOS
2º de E. Primaria: Libros da colección de
DON QUIXOTE E BREOGÁN: DULCINEA, A NENA CABALEIRA
2º de E. Primaria: Libros da colección de
DON QUIXOTE E BREOGÁN: A POUSADA ENCANTADA
2º de E. Primaria: Libros da colección de
DON QUIXOTE E BREOGÁN: LEÓN DURMIÑÓN
2º de E. Primaria: Libros da colección de
DON QUIXOTE E BREOGÁN:
EXÉRCITO DE OVELLAS
5º e 6º de E. Primaria:
COLECCIÓN OS MEGATOXOS: E O APRENDIZ DE DRUIDA.