B I B L I O T E C A

Para ver fotografías pulsa aquí
 

Blog da Biblioteca

III PREMIO NACIONAL DE DINAMIZACIÓN E INNOVACIÓN DA BIBLIOTECA

O MINISTERIO DE EDUCACIÓN ven de concedernos o III Premio Nacional de boas prácticas docentes para a dinamización da biblioteca escolar. Unha vez máis a labor da comunidade educativa do CEIP A PEDRA recibe un recoñecemento á súa labor en prol da educación integral do seu alumnado.  A dotación económica é de 7000€

OBXECTIVOS

O obxectivos do Proxecto da Biblioteca enmárcanse na liña de actuación que dende hai 4 anos diríxense á mellora permanente do servizo bibliotecario do centro e á súa consideración por parte da comunidade educativa como un centro de recursos multimedia para a formación e o lecer e, ao mesmo tempo, como axente dinamizador da vida cultural e pedagóxica do centro..
Non supón, xa que logo, un comezo senón a continuidade dun proxecto xa en marcha pero que evidentemente, este curso recibiu un enorme impulso, sobre todo no concernente a infraestructuras e equipamentos sao lograr entrar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

O noso proxecto está feito para que a biblioteca se converta en:

1.-Un lugar de encontro e de recursos para as persoas e sectores da contorna relacionados coa nosa comunidade educativa.
2.- Un recurso e un axente para a normalización lingüística do centro.
3.- Enriquecedora da nosa cultura de tradición oral.
4.- Posibilitado o acceso a diferentes tipos de información e nunha ampla gama de soportes.
5.- Dinamizadora das actividades culturais e pedagóxicas do centro, participando activamente na elaboración dos documentos programáticos do mesmo.

E con iso poder conseguir os seguintes obxectivos:

1.- Posibilitar o cambio cara unha metodoloxía que aposte polo constructivismo, o aprendizaxe significativo, o sentido crítico, a autonomía e en definitiva polo principio de aprender a aprender.

2.- Promover a lectura entre os nosos alumnos e alumnas, ofrecendo unha contorna agradable que invite a ler, ao encontro cos libros e ao uso da biblioteca así como calquera outro servizo de información.

3.- Facer partícipe a todo o profesorado e á comunidade educativa sobre a importancia e o papel que debe desempeñar a biblioteca escolar mediante cursos (PFAC) charlas, campañas.

4.- Elaborar materiais que desde a biblioteca axuden ao desenvolvemento dos contidos das distintas áreas curriculares.

5.- Formar un grupo de persoal voluntario entre o alumnado que colabore co funcionamento da biblioteca.

6.- Enriquecer a nosa biblioteca coa colaboración con outras bibliotecas escolares e públicas , por unha banda mediante proxectos conxuntos e por outra propiciando a creación dun marco xurídico por parte da Administración educativa que dote de entidade legal ás actuacións e formas de organización das nosas biblioteca.
 

Para este curso adoptamos na nosa programación como tema central
VIAXANDO POLOS LIBROS.             

           Da xestión da mesma encárganse o profesorado seguinte:

EQUIPO DA BIBLIOTECA:

- Dona Mª Luisa Vidal Fraguas (coordinadora)
- D
ona Mª Lina García Porto
- Dona Elena Peña Arias
- Dona Inmaculada Concepción Rodríguez Días

EQUIPO DE APOIO Á BIBLIOTECA:

- Don Ignacio Vila López
- D
ona Amalia Omil López
- Dona Nuria García Ferreiro
- Dona Cristina Núñez Siota
- Dona Goretti Cordeiro Bon
- Esther Lois Salgado
- Carmen Cazorro Pérez
- Carmen Martínez López
 

              que promoven e animan ó uso da lectura, asesoran no manexo informático na busca de infomación e á adquisición de fondos bibliográficos.

Xa ao longo do curso anterior a nosa biblioteca, que posúe máis de 5.000 títulos, entrou a formar parte da Rede de Bibliotecas informatizadas de Galiza ("Proxecto Meiga"). Desde as vosas casas podedes consultar se o libro que desexas está nos fondos da Biblioteca do colexio, cales son as últimas incorporacións, etc .

Rede de bibliotecas de Galicia
Proxecto Meiga
Consellería de Cultura e Deporte

Un dos obxectivos inmediatos é o de continuar coa informatización da Biblioteca e dotala de fondos bibliográficos para facer dela un lugar de lectura, consulta e dinamización do centro.

A BIBLIOTECA mantense TÓDOLOS DÍAS aberta para facilitar o uso do servicio de lectura e préstamos ós alumnos, así como lugar de busca e tratamento da información co uso de material informático

Ir á Páxina de Inicio