Contos por palabras  

Editor: Edic. Xerais; Vigo, 1991
Descrición física:  56p; 14 x 19 cm
Ilustrador: Miguel Vigo. A edición de 2001 está ilustrada por Enjamio.
Colección: Merlín

Premio Lazarillo no 1990. Lista de Honor do IBBY para o bienio 1990-92.

Unha serie de relatos onde xoga coa fantasía e persoeiros en papeis vulgares, pero acordes coas súa forma de actuar na ficción: Spiderman como traballador nunha empresa de limpeza, Drácula nunha funeraria....
Na edición do 2001 engádense dous relatos aínda que se suprime a sección "Cando o autor fala de si".
La Voz de Galicia, na Colección Biblioteca galega, reedita a versión 2001 sen ilustracións.
Este libro foi traducido, por dúas veces, ao castelán por Rafael Chacón (1991 e 1999) ao catalán ilustrado por Xan López (1991); ao éuscara tadución de Jon Suarez e ilustrado por Olga Pérez; ao bable ilustrado por Carmen Peña e traducido por Esther Castro. Tamén foi traducido máis aló dos Pirineos ao francés por André Gabastou na colección: Récits da Editorial La Loie De Lire, no 2001