Cartas de inverno
  Editor: Edic. Xerais; Vigo, 1995
Descrición física:  160 p; 19 x 12 cm
Colección: Fóra de Xogo, 6
Premio Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil 1995

O relato está inspirado nun anuncio que o autor veu no xornal Faro de Vigo no que se vendía unha casa enmeigada. Este libro de medo arranca coa petición de axuda do pintor Adrían ao seu amigo Xabier para aclarar estrañas cousas que están a acontecer na súa nova casa.
Xabier envía unhas cartas a súa irmá Tereixa por si nun prazo dunha semana lle pasara algo e...

Na 20ª edición incorpórase unhas reflexións do autor, sobre a xénese e a fortuna lectora da novela (Doce anos despois),...
Este libro foi traducido, por dúas veces, ao castelán por Rafael Chacón (1998 e 2006); ao catalán traducido por Josep Franco (1997); ao éuscara traducido por Jerardo Elortza; e ao portugués por J. Teixeira de Aguila, no 1998.