As flores radiactivas
Editor: Ed. Xerais, Vigo, 1990
Ilustrador: Miguelanxo Prado
Colección: Merlín
 
Segundo libro do autor e, segundo declaración del,  un dos que máis ilusión lle fixo:
Ana é unha nena que axuda á resolución dun misterioso resplandor que procede do lugar onde preto das nosas costas se votaban, ata a década dos oitenta, vertidos radioactivos. Das misteriosas flores, causantes do resplandor, son levadas por todo o mundo activándose o seu efecto "pacifista"....
Conseguiu o Premio Merlín do ano 1989.
Traducida ao castelán por Xan Vences (1995); ao catalán por Salvador Pallarés (1991); ao éuscara por Patxi Elizegi (1993). Tamén no 1996 foi editado en bable na colección El fumu de los trenes.