Cos pés no aire

Editor: Edic. Xerais, Vigo, 1999
Ilustrador: Miguelanxo Prado
Descrición física: 80 p; 23 x 12 cm
Colección: A letra durminte.

Con este libro foi I Premio "Raíña Lupa" da Deputación da Coruña. Finalista do Premio Nacional de Literatura, 2000.

Libro para nenos de 11 anos en diante onde o protagonista, Daniel viu que de súpeto o mundo ía cambiar para el. Sen que se fora dando conta e sen explicación algunha foi perdendo peso e tendo a posibilidade non só de estirase senón ata de voar.
Por culpa disto tivo algúns problemas coa xente. Mais tarde atopou a unha rapaza chamada Helena que posuía o mesmo don ca el...

Traducido ao castelán por Rafael Chacón como "Con los pies en el aire" (2001) ilustrado por Miguelanxo Prado. Ao catalá "Amb els peus enlaire"  en tradución de Pau Joan Hernández (2001). Ao euskara "Oin hegalariak" por José Manuel López Gaseni (2001).

As mesmas editoriais Xerais (galego) e Anaya (castelán) teñen actividades en pdf que se poden ver online.