Editor: Edic. GAVIOTA (del
Grupo Everest), 2005
Descrición física: 20 x 15 cm
¿Qué
sientes? O abecedario dos
sentimentos é o título dunha nova colección que pretende
educar emocionalmente aos nenos e potenciar a
comunicación sobre esta materia entre pais e fillos. A
colección, composta por 27 títulos e un libro de
actividades, que trata de dar resposta á carencia de
sensibilidade e de capacidade comunicativa que a propia
autora, Violeta Monreal, detectou nos escolares trala
súa visita a varios colexios, segundo informa Efe. A
colección conta cun libro de actividades que potencia a
creatividade dos alumnos a través do debuxo e ofrece
ferramentas didácticas para que o docente traballe
diferentes áreas do coñecemento, como o uso da linguaxe.
Por cada letra do abecedario, o lector descubre un
sentimento e o seu contrario, abordados a través da
ficción e a maxia dos contos infantís e ilustrados
mediante uns personaxes chamados 'filins'. Así, a 'a'
pertence á antipatía e á simpatía; a 'b', ao bochorno e
ao apromo; a 'c', aos celos e a confianza; a 'd', á
desilusión e a ilusión, etc.
Para as letras máis 'conflictivas', como a 'k', a 'w' ou
a 'z', a autora recorreu a outras linguas como o
euskera, o inglés ou o catalán.
Fonte : Comunidad Escolar