GLORIA SÁNCHEZ GARCÍA

Nada en Vilagarcía de Arousa no 1958. Como escritora comezou como poetisa e logo unha morea de relatos curtos. A súa profesión de mestra lle permite achegarse aos intereses e gustos dos máis pequenos e especializarse na literatura infantil e xuvenil.  Un pulo moi importante, no mundo da literatura galega,  foi cando no ano 1990 recibiu o Premio Merlín por Fanfarrios.

As publicacións de Gloria Sánchez no mercado editorial abarcan xa un amplo número de títulos, en galego, castelán, éuscaro, en linguaxe braille...,  tal e como podemos ir comprobando no apartado de LIBROS.  A modo de exemplo Rimas con letras, Bichos con gaseosa, FrangullaTeatro feroz...

E dentro dos recoñecementos á súa labor temos, ademais do premio mencionado, os seguintes:

Nos artigos e nas escolmas da literatura infantil galega deste século aparece, como non podía ser doutro xeito, Gloria Sánchez.

A súa implicación no mundo da etnografía galega é coñecido sobre todo no que atinxe a recompilación e divulgación da tradición oral. Pero o seu compromiso coa cultura non queda aquí senón que se implica persoalmente en proxectos de difusión e estudo da literatura, principalmente infantil, todo a cal a leva a formar parte do Consello de Rredacción da Revista Galega de Literatura Infantil e Xuvenil: FADAMORGANA.

Nesta mesma revista escribe artigos coma:

Ou simplemente falan dela como cando...

A súa militancia en favor do acceso á Cultura a levan a asinar o Manifesto dos autores en defensa do préstamo nas biblioteca froito das "Xornadas contra o préstamo de pago en bibliotecas" en xuño do 1994.

E estamos seguros que a súa imaxinación nos levará ao través da lectura por mundos e por situacións ata agora descoñecidas da man de persoeiros aínda non imaxinados por ela e que nos esperamos que sexa pronto.

Do que si estamos seguros é de que todos os rapaces e rapazas de E Primaria do noso centro coñecemos e nos deleitamos con parte da obra de Gloria Sánchez, senón mirade un pouco do que a lemos:

1º Curso: RIMAS CON LETRA. Gloria Sánchez.Ed. XERAIS
2º Curso: O GRANDE TRONANTE. Gloria Sánchez . Ed. XERAIS
3º Curso: FAFARRAIOS. Gloria Sánchez. Ed. XERAIS
4º Curso: O CAPITÁN RO E O GATO BO. Gloria Sánchez. Ed. XERAIS
5º Curso: CABECIÑA E PAXAROS E OUTRAS HISTORIAS. Gloria Sánchez. Ed. XERAIS
6º curso MATAPITOS.COM. Gloria Sánchez. Ed. XERAIS

              TEATRO FEROZ. Gloria Sánchez. Ed. GALAXIA.