Contos breves:
A GOMA QUE FALA

Se pulsas clic na icona escoitarás os contos lidos por unha máquina

 O NENO E A SÚA GOMA DE BORRAR      

Vivía unha familia preto dun colexio. Certo día que o neno estaba facendo os deberes escoitou unha voceciña que dicía: ¡Sácame de aquí, sácame de aquí!
Nun principio o neno asustouse, intrigado por descoñecer quen era o que se lamentaba. Case inmediatamente deuse conta que era a súa goma. O neno non daba crédito, ata que  logo de darlle mil voltas creuno.
Ao día seguinte tiñan un exame e o neno non o había preparado. A goma díxolle que estivese tranquilo que ela si que coñecía todas as respostas a todas as preguntas. E así foi, lle dictou todas.
Cando lle dixeron a nota esta era un dez. O neno sorprendeuse de todo o que sabía a goma. A partir daquel día en todos os exames sacaba un dez.
Certo día que ía facendo o parvo pola rúa esta caeulle e un can mordeulla. Recolleuna con mágoa e consentiuna tanto que non se apartaba dela e xa non a utilizaba para borrar.
A goma aproveitou que o neno estaba moi encariñado con ela para animalo a estudar, a ler mellor, a ser máis responsable,..
.

Belén Agulla Rodríguez 6ºA

 Ir aos menús de rapaces                     

  SE TIVESE UNHA GOMA FALADORA      

Se tivese unha goma faladora dictaríame as respostas nos exames, debuxaría de xeito xenial,... borraría mellor que outras gomas e eu sería a envexa da clase. Quizais por iso o pasaría un pouco mal xa que todos andarían a pedirma ¡Sería arrepiante!
Ela sabería contar chistes, historias. Tamén cantar, imitar xente, etc. Converteríase nunha estrela imitando xente.
Sería como un “tipex” que ao secar non se notaria nada e tamén; sería á vez un bolígrafo e un lapis. ¡Algo moi especial!

Eva Avendaño Curra 6ºA

 Ir aos menús de rapaces                     

UNHA GOMA  ESPECIAL    

Unha nena mirou no escaparate dunha librería unha goma que lle pareceu moi bonita á vez que estraña. Achegouse ao tendeiro e preguntoulle polo prezo. Vendo que este era razoable mercouna.
Ao estar facendo un traballo para o colexio botou man da súa goma. Esta íase gastando coma se fose manteiga. Pero nada máis rematar o seu corpiño de goma volveu a medrar coma antes. Todo isto pareceulle moi raro á rapaza pero o que si a sorprendeu foi escoitar unha voceciña que saía da goma que lle dicía: ¡Ti trátame ben e eu axudareiche nos traballos e mantereichos limpísimos!

Sabela Betancor Domínguez 6ºA

 Ir aos menús de rapaces                     

A GOMA FALADORA     

Preto do meu colexio había unha librería onde compraba o material de aula. Ao comezo deste curso fun a mercar o que ía necesitar para as clases: lapis, cadernos, gomas, bolígrafos, etc. A libreira preguntoume que clase de goma quería. Díxenlle que unha calquera. Ela deume unha un pouco rara, tiña como un debuxo en forma de boca. Cando a usaba falaba, dicíame cousas moi divertidas por exemplo: ¡Tesme que usar poucas veces porque iso significa que non te equivocas! ¡Como estás aprendendo perdoareicho e terei que aguantar ata que me gastes!
Todos os días no colexio procuraba non usala porque non paraba de falar. Nunca tivera unha goma así, dábame pena gastala.

Leandro Fernández Portela 6ºA

 Ir aos menús de rapaces                     

 MANUEL E A GOMA QUE FALA     

Manuel na librería do pobo e comprou unha goma. Foise á súa casa, colocou a goma no estuco e o estuco na mochila. Ao día seguinte, xa no colexio quitou a goma para borrar un erro nunha operación cando escoitou unha voz que saía da goma: ¡Que me estás a consumir de todo! O neno asustouse pois lle parecía incrible que a súa goma falase.
A goma díxolle que ela falaría con el coa única condición que non llo dixese a ninguén. Manuel prometeulle gardar o segredo.
Pero pasados uns días díxollo aos seus amigos. Todos quixeron ir ver tal prodixio. Pero a goma, tal como lle había dito, non falou. Todos, crendo que era unha pantasmada de Manuel, ríronse del por mentireiro. Manuel quedouse sen amigos ou, mellor dito, cunha única amiga: “A goma que falaba”.

Diego Ferreira Ferradás 6ºA

 Ir aos menús de rapaces                     

 A GOMA FALANTE     

Érase unha vez unha goma falante que vivía no colexio de Bueu. A goma estaba medio gastada de tanto borrar. O amo usábaa por calquera cousa ata qué a goma díxolle: ¡Estou farta de que me uses por calquera cousa! Bla, bla, bla. O amo, cabreado, tirouna ao chan polo todo o que esta lle dixera. Ao día seguinte outro neno pisouna e quedouse mirando par a goma, colleuna e quedouse con ela. Este rapaz non tiña tantos fallos ao facelos deberes como o anterior, pero aínda así a goma facíase cada vez mais pequena. E lle díxo ao neno: ¡Non me gastes tanto! Pero o neno non se asustou ó oíla. A goma comprometeuse a axudalo nos exames, deberes etc.
Un día a goma caeu do estuco, e sen decatarse o neno foise para a escola sen ela. A nai do neno mirou a goma tan gastada que a tirou a papeleira.

Rubén Lemos Ferradás 6ºA

 Ir aos menús de rapaces