EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí poderedes ver os vídeos e escritos de contos, así como recursos elaborado polo alumnado e profesoras de Educación Infantil.

BLOG de INFANTIL 4 anos

Contos Vídeos Recursos

Os bombeiros cos nenos de Infantil do CEIP A PEDRA de Bueu

O pasado 27 de abril estiveron con nós os Bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de O Morrazo.

Os nenos e nenas viviron unhas horas divertidas á vez que didácticas, xa que durante esta visita programada, os bombeiros destacados no Consorcio ensinaron aos pequenos todo o material que levan no camión cando saen de servizo a atender algunha urxencia. Os bombeiros explicaron aos nenos para que serve cada cousa e non eludiron as innumerables preguntas que os nenos facían ante todo o que descubrían.

A continuación, os nenos foron testemuñas de varias demostracións. "Non se conformaban coa teoría senón que querían ver cos seus propios ollos como funcionaba cada cousa", explicou Juan Jesus Mariño, xefe de Bombeiros do Consorcio. Así, os bombeiros puxeron en marcha os equipos de excarcelación e de auga e ata levantaron o camión cos coxíns neumáticos.

Para finalizar esta visita, os bombeiros de O Morrazo obsequiaron a atención dos nenos cunha Festa da Espuma, da que gozaron alumnado, profesores e ata bombeiros.

                                                                               A notivcia apareceu en Vigometropolitano.com

A BRUXA MARUXA

O alumnado de Educación Infantil coa axuda das súas profesoras traballaron con contos diversas facetas (expresión oral, plástica, a atención, etc...). Se o desexas podes ollar nun ficheiro (pps) un deses contos nos que os nenos e nenas son os ilustradores.

Para velo só tes que premer na imáxe co rato, logo aceptar abrilo e esperar un pouquiño (depende da conexión que posúas). Para pasar as follas premenede cada vez co rato nas mesmas e a disfrutar...