OS
TREBELLOS DE LABRANZA DOS NOSOS AVÓS
Por:
Alumnos de 5º de Primaria. Curso 1999-00 Colexio
“ As Bizocas ” de O Grove Alumnos-as:
Germán, María, Gabriela, Alejandro, Beatriz, Juan Manuel, Tatiana, José
Miguel, Cristian, Diego e José Manuel. Profesora:
Lidia Pérez Otero
Contan os nosos avós que cando eran nenos non había tractores, e
a terra traballábase co arado de pao, a grade, a peladeira, o arado de
ferro, a sementadora, o manlle, . . . etc. Tamén usaban o carro das vacas
para transporta-lo esterco ou o verdello da praia para fertiliza-las
terras.
Cando chovía moito no inverno e non se podía saír a traballa-las
terras, ían para o alboio a reparar aqueles trebellos que estaban un
pouco escangallados, ó mesmo tempo que falaban das súas cousas: “ Se
se perdería a colleita con tanta chuvia, se ían comprar vacas á feira
ou vende-los años á feira de Meaño, que se as viñas, . . .,” ás
veces ata contaban cousas que pasaran na guerra.
Destas cousas informámonos preguntando ós nosos avós e á xente
maior do pobo, que nos amosaron algúns destes trebellos e nos dixeron
para que servían.
Xeralmente están tirados polos alboios, estragados, algúns moi
escangallados.
A nós, xa nos gustaría que se collera unha mostra de cada un e se
fixese no noso pobo un Museo Agrícola de apeiros de labranza antigos,
para que a xente de hoxe soubera con que se traballaba o campo uns anos
atrás e como curiosidade. LABREGO Toda
a miña xente de
labregos foi, xunguidos
á terra con
xugo de boi. Meu
pai é labrego, tamén
meus abós: ¡
pasáronse a vida tripando
terrós . . .! O
carro usábase para:
Levar esterco, ir á herba para os animais, ó toxo, á leña, para
leva-los aparellos de labranza para as terras, . . ., era o medio de
transporte que tiñan os nosos avós. Algún de nós, subimos nel e cando
o fixemos gustounos moito pero agora xa non vemos carros pola rúa, só
queda o do Sr. Benito da Coanlleira.
O
CARRO
O
arado de pau. ( Arado romano): Para asuca-la terra e sementar froitos miúdos.
( trigo, centeo).
A Peladeira: con ela pelábase a terra antes de labrar.( O
que hoxe en día se fai coa fresa do tractor).
A Grade: para grada-la terra unha vez labrada.( Aplana-las
leivas que deixaba o arado). En S. Vicente non se usaba o Canizo por ser
terras que se desfán facilmente. A grade podía te-los dentes de madeira
ou de ferro.
A Sembradoira: tirada polas vacas, era para sementa-lo
millo.
O Manlle serve para malla-los froitos cando están secos: o trigo,
a cebada, a avea, o centeo e as fabas. Agora só se usa para malla-las
fabas e as fabalobas.
O Manlle
O coiro que ten o manlle sácase da pel das vacas que morren ou
matan. Sácase da xogueira da vaca.
serrando co
tronzador
Sabemos que todos estes apeiros de labranza acabarán desfeitos nos
alboios, pero a nós o facer este traballo serviunos para lembrar e ver
cos nosos avós, como se traballaba a terra ata hai pouco tempo. Déronnos
información: Avós e Avoas de todos nós. D. Juan Vidal Novas / D. Juan Pérez
González / D. Francisco García Otero / D. José Lijó / Dona Lola
Iglesias Otero. Os poemas son do poeta e escritor Manuel María.
Colexio “ As Bizocas ” de o Grove. Documento pertencente a pagina.de/bizocas. edu.xunta.es/centros/ceipasbizocas
|