O PrestigeEra un petroleiro que viña moi cargado de chapapote e viña navegando por cerca das costas galegas.
O día 13 de novembro a súa tripulación
detectou unha grave avería, unha vía de auga. O seu responsable, o capitán
pediu axuda a SOS Galicia e ahí empezaron os problemas. O goberno español
e o galego, que son os responsables de todo o que pase, decidiron que o
remolcasen o máis lexos posible. O grave problema foi que non o levaron
sempre na mesma dirección, andivérono paseando dun lado para outro ata
que rompeu e afundiu.
O barco, que xa ía perdendo fuel mentras o
ían paseando, agora si que soltou gran cantidade, que por desgracia nos
veu a contaminar todo, axudado polo vento e as correntes mariñas. Chegou
sobre todo á costa da Morte e sigue chegando. Chegou tamén a Sálvora,
Ons e Cíes e a moitas praias e rochas. Tamén fixo moito dano nas aves e
animais mariños.
Había que limpar, facía falta organizarse,
non había medios, necesitábanse: traxes, mascarillas, gafas, botas,
ferramentas, guantes... Os mariñeiros foron os primeiros en poñerse a
limpar todo cos seus medios, coas súas mans.
Viñeron a axudarlle moitos voluntarios de moitos sitios de España
e do extranxeiro. Todos eles están poñendo todo o seu esforzo en
combatir a terceira marea negra porque saben que no mar está o seu
futuro. Tamén o exército está traballando nas labores de limpeza dende
hai uns días.
Pouco a pouco van limpando o chapapote e
pouco a pouco van desaparecendo os animais mariños.
E esperamos que nunca máis esto volva a
pasar, porque nos arruinou o mar e non imos ter peixe nin marisco para a
Navidade.
NUNCA MÁIS.
Os nenos e nenas de 4ºde Primaria.
|
|
O
PRESTIGE.
Un maldito día un petroleiro chamado Prestige tuvo unha gran avería
e empezou a perder chapapotew.
Pediu axuda ós galegos e despois de moitas reunións, chegaron a
decidir que o problema era tan inmenso que o mellor sería alexar o m´ñaximo
o barco.
A costa galega, principalmente as praias da Coruña estaban en
perigo, por iso alexaron o barco, unha vez lonxe das nosas praias o barco
empezou a rachar e a
afundirse.
Os nosos problemas ían sendo máis grandes según pasaban as
horas, e as praias enchíanse de chapapote unha tras outra e os mariñeiros
volvíanse tolos vendo como as praias que tanto querían e coidaban se
volvían negras de fuel e arruinaban as súas vidas.
Varias semanas despois o Prestige, que está no fondo do mar, segue
botando fóra chapapote. E o problema sigue… Daniel,
4º Primaria
|
|
O PRESTIGE O día 13 de novembro houbo un accidente de petroleiro, e levaba moito petróleo e había moito ,moito perigo e entón levárono moi lonxe para que non soltara moito.Pero encallou e ía rompendo á metede, despois dunha semana xa rompera de todo e soltou moito petróleo. Agora está no fondo do mar. E
segue soltando petróleo que chegou ás costas galegas, menos Lugo, e
agora están limpando as praias. E xa está en Sálvora, en Ons e nas Cíes. E
os mariñeiros non teñen traballo, agora dedícanse a sacar petróleo
polas praias e polo mar poñendo todo o seu esforzo para poder combatir
esta terceira marea negra, porque saben que no mar está o seu futuro. Veu
moita xente de moitos sitios de España o de outros países e incluso o exército,
para axudarnos, a eles todos temos que darlles as gracias. E
esperamos que nunca máis volva a pasar, porque nos arruinaron o mar e non
imos ter peixe nin marisco para a Navidade.
NUNCA MÁIS.
Ivor, 4º curso
|
|
O Prestige.
Fai catro semanas chegou un petroleiro ás nosas costas chamado
Prestige que lle pararon os motores e abriuselle un burato no casco e
empezou a sair chapapote ó mar. O mar quedou cuberto dunha gran mancha
negra e enseguida chegou o fuel ás praias.
O peixe mais as aves están morrendo e os pescadores están
quedando na casa por culpa do chapapote.
E os mariñeiros están collendo o fuel coas mans, coas redes, coas
palas e cos seus barcos.
A ver se o arreglan porque estamos moi tristes con tanta negrura.
|