Créditos


 

Os autores  
 
Norberto Blanco Dorrío. Mestre con destino definitivo no CEIP de Baños de Molgas, en Ourense. Imparte clases de Educación Física, Informática, Matemáticas e Coñecemento do Medio.
 
María Sánchez Seco. Mestra con destino definitivo no CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás, en Ourense. Imparte clases de Lingua Inglesa e Castelá.

 

Fotografías e información
 

As fotografías foron realizadas por nós, coas seguintes cámaras fotográficas, durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2005:

  • Cámara dixital Sony Cybershot T3 de 5.1 Mega Pixels. (A maioría delas)
  • Cámara dixital Sony Cybershot P-100 de 5.1 Mega Pixels.
  • Cámara dixital Casio Exilim EX-230 de 3.2 Mega Pixels.
  • Cámara Réflex Nikon F 50 con Obx. Nikon AF NIKKOR de 35-80 mm.
  • Escáner EPSON Perfection 1250. 

A información sobre as imaxes foi obtida de persoas do pobo de A Guarda e da oficina de Información Turística situada no porto. 

A galería de imaxes desta web está formada por máis de 200 imaxes, presentadas, a maioría delas, nos seguintes formatos:

  • 128 x 85
  • 350 x 232
  • 2048 x 1360

É dicir, en total suman preto das 700 imaxes.

O fondo de páxina da portada foi cedido polo pintor Manuel Sánchez Seco, profesor de Debuxo no IES Río Cabe de Monforte, e pertence a serie pictórica Redes.


 

Programas informáticos utilizados
 

A web foi realizada co editor de páxinas web Frontpage de Microsoft.

A resolución idónea para ve-la galería é de 800x600 (viña especificada nas bases do concurso).

Os botóns das páxinas web foron realizados con Paint Shop Pro 5.  

As imaxes en sepia foron tratadas con Kodak EasyShare.

Programa de escanado e tratamento de imaxes EPSON SMART PANEL.