Guía didáctica


1. Xustificación.
 
2. Obxectivos xerais.
 
3. Contidos traballados.
3.1 As paisaxes do mundo.
3.2 Poboación e actividade humana.
3.3 A vida no pasado.
3.4 O mundo actual.
4. Proposta de actividades.

 

1. Xustificación  
  Un dos motivos principais que nos levou á creación desta web foi o poder ensinar ós nenos/as dos nosos centros (do interior galego) como é unha vila típica costeira: As súas rúas, edificacións, prazas, arte, natureza, xente, porto, lonxa... Non debemos esquecer que algúns deles non coñecen o mar e moitos o único que coñecen da costa son as praias de Samil e a Lanzada.
  Nos propomos esta galería para que sexa usada cos alumnos/as do interior galego e cos de A Guarda, pero tamén pode ser usada con nenos doutras zonas de Galiza, xa que con ela podemos axudar a coñecer un pouco máis a realidade galega e a súa diversidade.
  O uso das imaxes, nun principio, ímolo a programar para o área de Coñecemento do Medio, a pesar de que moitas delas poden ser útiles noutras materias.
  O estudio do contorno serve de motivación ó alumnado, espertando a curiosidade por profundizar no coñecemento dos asuntos cotiáns, as historias do pasado ou espacios de relación en que se eles se desenvolven.
  O alumnado aprende a valorar a súa cultura e a reflexionar sobre a súa identidade.

 

2. Obxectivos xerais

  • Promover un sentimento positivo de pertenza a Comunidade Galega desde posicións de respecto a outras comunidades.

  • Recoñecer e apreciar a súa pertenza a grupos sociais con características e rasgos propios.

  • Comprender que o patrimonio natural, cultural e artístico galego é diferente e participar activamente na súa defensa e conservación.

  • Fomentar a comprensión do presente, descubrindo a importancia do pasado, interpretando os feitos, establecendo relacións e entendendo os cambios.


 

3. Contidos  traballados
  Os principais contidos que nos propoñemos traballar nas clases de Coñecemento do Medio son os seguintes:
  3.1 As paisaxes do mundo
 

3.1.1 Feitos e conceptos

  • Diversidade de paisaxes en Galiza: A paisaxe marítima.

3.1.2 Procedementos

  • Observación e descripción do espacio habitual de relación dos alumnos da Guarda.
  • Descripción dos tipos de construcción do contorno da Guarda.
 
3.1.3 Actitudes e valores
  • Interés e curiosidade por coñece-los elementos máis característicos da paisaxe costeira.
  • Respecto e coidado dos elementos do entorno natural.
  • Valorar a diversidade de paisaxes da Comunidade Galega.
  3.2 Poboación e actividade humana
 

3.2.1 Feitos e conceptos

  • A profesión do pescador.
  • Proceso de extracción, transformación e comercialización do peixe.
 

3.2.2 Procedementos

  • Seguimento do proceso de elaboración das conservas e do peixe pescado en altamar.
  • Realizar visitas á lonxa, mercado, porto, peirao...

3.2.3 Actitudes e valores

  • Valoración do traballo do pescador e a súa función complementaria no conxunto da sociedade.
  • Sensibilidade e respecto polos costumes e modo de vida das poboacións mariñeiras.
  3.3 A vida no pasado
 

3.3.1 Feitos e conceptos

  • Iniciación ó pensamento histórico a partir do poboado celta do monte Sta. tegra.
  • Evolución da vivenda: Desde as chozas celtas ás nosas construccións modernas, pasando polas casas indianas de toa a comarca.
  • As evidencias do pasado na cultura castrexa como testemuñas de vida noutra época: A Citania, o museo, ...
 

3.3.2 Procedementos

  • Clasificar e ordenar diferentes imaxes referentes a distintas épocas.
  • Realizar unha visita ó museo e Citania do Monte Sta. Tegra.
  • Realizar visitas ás diversas manifestacións artísticas da Guarda.

3.3.3 Actitudes e valores

  • Disposición favorable á conservación dos vestixios do pasado, como bens do noso patrimonio cultural.
  • Interese por coñecer obras artísticas de épocas anteriores (cruceiros, fontes, petos, igrexas,...).
  3.4 O mundo actual
 

3.4.1 Feitos e conceptos

  • As manifestacións culturais: xogos, festas e costumes na Guarda.
  • Educar para o lecer: deportes, paseos, parques, praias, o bo comer, ...
 

3.4.2 Procedementos

  • Participar en festas, xogos e costumes populares.
  • Investigar sobre actividades do lecer no contorno da Guarda.

3.4.3 Feitos e conceptos

  • Sensibilidade ante manifestacións culturais da Guarda.
  • Participar nas actividades do lecer.

4. Proposta de actividades a realizar

Observación das imaxes.

Descrición dos elementos que aparecen fotografados.

Localización no espacio e no tempo das imaxes.

Buscar semellanzas entre as imaxes.

Localizar diferencias entre as imaxes.

Clasificar imaxes atendendo a diferentes criterios.

Redactar textos sobre as imaxes.

Representar ou dramatizar imaxes nas que aparecen xentes do lugar.

Escribir diálogos para as imaxes.

Realizar traballos sobre algún dos apartados tratados na galería.

Realizar entrevistas para obter información sobre algún aspecto que xurda do visionado das imaxes.

Realizar debates sobre algún tema aportado polas imaxes.

Facer pes de foto as imaxes.

Realizar traballos monográficos sobre algún dos apartados tratados. Os celtas, os cruceiros, o porto ...

Elaborar noticias periodísticas que queden reflectidas por medio das imaxes.

Valorar a calidade fotográfica das imaxes (na medida do posíbel).

Realizar visitas ós sitios máis interesantes que aparecen nas imaxes.

Realizar debuxos das imaxes a través de diferentes técnicas.

Confeccionar murais sobre a Guarda.

Utilizar técnicas de consulta para buscar máis información sobre algún tema, ben a través de internet ou de material impreso.


Esperamos que esta pequena guía didáctica vos sexa útil e que a ampliedes todo o que queirades e podades.

Dámosvos as grazas pola vosa lectura.