|
|
  |
|
| |
|
|
|
|
|
|
|



 |
A comezos do século XX, moitas mulleres incorporáronse ó traballo nas
fábricas nunhas condicións moi duras: xornadas laborais larguísimas, de
doce e máis horas, recibindo salarios inferiores ós dos homes.
A medida que as mulleres se ían incorporando ó mundo laboral, facíase máis
evidente que aquela situación non era xusta, e pouco a pouco empezaron a
organizarse.
Unha das protestas reivindicando mellores
condicións laborais foi a que protagonizaron as traballadoras da
fábrica téxtil
Cotton de Nova York,
en Estados Unidos.
Era o
8
de marzo de 1908
e as traballadoras encerráronse no interior para pedir que se lles
reducira a súa xornada laboral a 10 horas.
Os propietarios da fábrica decidiron
incendiar o edificio para facelas saír de alí, pero o resultado foi de
129 traballadoras mortas.
A cor lila con que se identifica este día é porque dese tono era o tecido
que estaban a facer as obreiras o día que morreron.
|
 |
Estes son los feitos puntuais, que nos serven de
referencia concreta para conmemorar este día, pero el
8
de marzo
é moito máis ca celebración duns feitos concretos.
Por iso, neste día dedicamos unha xornada de reflexión sobre o largo
camiño cas mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus
dereitos.
Só temos que fixarnos que, entre o ano
1908,
en que sucederon os feitos da fábrica
Cotton en Nova York,
e
1975
cando Nacións Unidas declara o 8 de marzo
"Día Internacional da Muller",
han pasado case
70
anos.
|
|
O día da muller traballadora é unha conmemoración,
e non de celebración, porque recorda un feito moi desgraciado como para
festexalo.
Pero isto deu pé as mulleres a tomar iniciativas para ser tratadas co
respecto que se merecen todos os seres humanos.
|
| |
|
|
|
|
|
|
|