Arriba
Actividades
Recursos
A semana da Prensa na escola axuda ós alumnos a comprender o universo da prensa. Favorece o exercicio da lectura comparada das informacións e desenvolve o espírito crítico. Tamén se contribúe ó reforzo da lectura e da escritura. O mesmo tempo, ó largo da semana, tratase de mostrar a gran variedade dos medios de información: prensa escrita, cotiá ou revistas, estacións de radio públicas ou privadas, canles de televisión nacionais ou rexionais, novas redes de información e a prensa realizada polos mozos.

 Obxectivos:
  • Fomenta-lo uso da prensa na aula.
  • Descubrir a diversidade dos medios de información.
  • Incitar aos alumnos a le-la prensa utilizando varias fontes e soportes de información.
  • Saber de de onde veñen as informacións producidas e difundidas polos medios.
  • Situar no espacio e no tempo, os acontecementos que marcan a actualidade.
  • Recoñecer as diferentes seccións dun periódico.
  • Diferenciar entre feitos e opinións.
  • Participar na elaboración dun xornal escolar.