Arriba
Curso 2003/04
Curso 2004/05

Este deporte vense practicando neste centro desde que se inaugurou alá polo ano 1972. Os éxitos acadados foron moi importantes sobretodo na etapa en que os adestraba José Antonio chegando a ser finalistas do torneo Liceo La Paz e Do Deporte en Idade Escolar.

Nestes últimos anos estamos chegando as últimas xornadas con posibilidades de facer algo bo, pero sempre nos  traizoan os nervios. Pero como din por aí o importante e participar. A verdade que a experiencia de coñecer a nenos de outros colexios é para nos moi positiva, paga a pena participar no Deporte en Idade Escolar só polo mero feito de viaxar pola nosa comarca coñecendo novos compañeiros.