Arriba
Fotos

No mes de febreiro fomos a Niñodaguia a visitar o taller de alfarería de D. Agustín que é un dos cinco alfareiros desta terra coñecida pola súa gran tradicción alfareira.

Don Agustín explicounos con fermosas palabras a historia e tradición deste traballo artesanal na comarca de Niñodaguia. Empezou contando como os seus antepasados se ganaban a vida coa cerámica e como este traballo artesán foi evolucionando, en función do mercado, ata os nosos días.

Hoxe en día os alfareiros coma Agustín son case tanto ou máis artistas que artesáns, xa que en tódalas pezas de cerámica que elaboran está presente o seu arte e creatividade.
A arcilla que usan é de moi boa calidade e posúe características que a fan única en toda a xeografía española. Unha vez que está cocida diferénciase de outras cerámicas polo tono claro alaranxado que presentas as pezas.
Varios son os aparellos que se usan no proceso de elaboración dunha obra artesana de cerámica:
Primeiro prepárase a arcilla nunha prensa especial.
A continuación co torno eléctrico dáselle forma á arcilla ata obter a peza adecuada.
Despois esa peza meterase nun forno a cocer a unha temperatura adecuada ó tipo de arcilla manexada.
Neste proceso pódenselle aplicar tamén capas de barniz ou de cristal para que teña un acabado máis brillante.
Por último a peza xa queda lista para a súa posterior venda.